Contará con relatorios de ecólogas a nivel internacional para abordar o acoso, a maternidade e o liderado feminino

O congreso internacional 'WISE, Women In Science-Ecology', desenvolverase en liña do 4 ao 6 de novembro para xerar un espazo de diálogo no que detectar medidas e accións urxentes a implantar nas diferentes sociedades ecolóxicas para reverter a situación actual das ecólogas.
WISE contará cos relatorios de 24 mulleres relacionadas co mundo académico que se atopan en diferentes fases da súa carreira profesional, coa intención de analizar, dende a súa experiencia, sobre as diversas causas que deteñen ou dificultan as carreiras das mulleres en Ecoloxía, tales como a invisibilidade, a desigualdade nos coidados e a conciliación familiar ou o acoso.
A celebración deste congreso internacional é unha aposta pola igualdade de xénero na academia, impulsada dende o comité de igualdade da Asociación Española de Ecoloxía Terrestre (AEET) xunto co grupo de investigación ECOPAST da USC, a UVigo, o Museum für Naturkunde de Berlín, EU- Horizon2020, a European Association of Vertebrate Paleontologists e Transmitting Science.
O rexistro pode efectuarse nesta ligazón.