02.05.2024 | 09.00h

CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH. O xoves 2 de maio terá lugar a súa primeira Xeira na Facultade de Filoloxía da USC co obxectivo de presentar o nodo galego e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia. Ademais de conferencias e comunicacións por convite, durante o evento presentaranse pósters de proxectos, liñas de investigación, recursos ou grupos de investigación relacionados coas liñas temáticas da Xeira.
