A catedrática Laura Oso Casas imparte o segundo dos relatorios deste ciclo promovido polo grupo de investigación HistAmérica

O grupo de Historia de América da USC (HistAmérica) organiza na Fundación Eugenio Granell un ciclo de conferencias que procura ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América. Os segundo destes relatorios, titulado 'Xénero e inmigración en Galicia', desenvolverase o mércores 29 de marzo ás 19.00 horas, da man da catedrática de Socioloxía da Universidade da Coruña Laura Oso Casas.
A conferencia terá lugar na Fundación Granell con acceso libre ata completar a capacidade da sala.
Laura Oso Casas
Catedrática de socioloxía na Universidade da Coruña, é coordinadora do grupo de investigación ESOMI (Equipo de Investigación Sociedades en Movemento).
As súas liñas de investigación inclúen as migracións, o xénero e o mercado de traballo, destacando os estudos sobre empresariado étnico, servicio doméstico e mobilidade social. Tamén traballa sobre a migración galega a Francia e Arxentina e no impacto das dinámicas migratorias transnacionais no desenvolvemento.