Ir o contido principal

Universidade de Verán 2021

'Xeodiversidade e paisaxe'

07/07/2021 - 10.00 horas

Guitiriz
Casa Habanera

Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Ruta da Pedra e da Auga, en Guitiriz
Ruta da Pedra e da Auga, en Guitiriz

O curso ‘Xeodiversidade e paisaxe’, organizado e dirixido por Roxelio Pérez Moreira, trasladará a Universidade de Verán 2021 á Casa Habanera de Guitiriz entre o 7 e o 9 de xullo. As persoas interesadas en consultar o programa poden facelo a través desta ligazón.

Os obxectivos desta proposta formativa estival pasan por achegar á cidadanía unha óptica diferente que posibilite observar de xeito pluridisciplinar as moi diversas relacións entre xeodiversidade e paisaxe, a través de diversos relatorios referidos á xeoloxía, xeoturismo, termalismo, cultura da pedra, así como á percepción artística, ao medio ambiente e á didáctica xeolóxica..

Este curso da Universidade de Verán 2021, para a que se ofrecen un máximo de 40 prazas, está estruturada en 24 horas lectivas, que se desenvolverán en quenda de mañá e tarde. As persoas matriculadas recibirán cadanseu diploma acreditativo unha vez rematadas as sesións programadas. A USC recoñecerá a asistencia a este curso con un crédito ECTS para o seu alumnado de grao.

O prazo de matrícula neste seminario da Universidade de Verán 2021, que conta con financiamento do Concello de Guitiriz, permanece aberto ata o 25 de xuño. O prezo da inscrición é de 70 euros, aínda que a USC ofrece unha taxa reducida de 40 euros a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos Alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.05.2021.