Ir o contido principal

O xerente de Casa Grande de Xanceda, no ciclo ‘Apaixonad@s pola Veterinaria’

19/04/2023 - 18.00 horas

Sala de Xuntas

O veterinario Guillermo Martínez ofrece este mércores, ás 18.00 horas, na sala de xuntas do centro universitario lugués, a charla ‘Un veterinario feliz’

Facultade de Veterinaria
Facultade de Veterinaria

O veterinario xerente de Casa Grande de Xanceda, Guillermo Martínez, ofrece este mércores, a partir das 18.00 horas, no sala de xuntas da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, o relatorio ‘Un veterinario feliz’. Esta sesión, de acceso libre e aberta a todo o público intersado, está incluída na programación do ciclo ‘Apaixonadas pola Veterinaria’.

Na súa intervencion, Guillermo Martínez, que se define como veterinario de profesión e ecoloxista de corazón, dará conta da súa experiencia en Casa Grande de Xanceda, un exemplo de empresa e iniciativa innovadora para manter o medio rural vivo en Galicia. De feito, o propio Guillermo Martínez foi quen viu as potencialidades do terreo de Casa Grande de Xanceda para certificarse en ecolóxico e gañar, así, valor engadido.

O ciclo ‘Apaixonadas pola Veterinaria’, coordinado pola profesora Maribel Quiroga Berdeal, artéllase como unha palestra de debate de periodicidade mensual, na que expertas no sector poidan analizar, debater e abordar xunto con docentes e alumnado da Facultade de Veterinaria da USC cuestións de interese para a profesión, tal e como poden ser as saídas profesionais, demandas laborais, oportunidades de futuro e mesmo as súas respectivas experiencias vitais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2023.