Ir o contido principal

XI Campus de Verán XuvenCiencia

3/7/2023 - 13.00 horas

Auditorio Veterinaria

O divulgador científico e condutor de ‘Efervescendia’, da Radio Galega, Manuel Vicente, inaugura, ás 13.00 horas, no auditorio de Veterinaria, o campus de verán XuvenCiencia, no marco dun acto no que intervirán delegada do Campus Terra da USC, Elvira López, a coordinadora do grupo XuvenCiencia, Mercedes Novo, ademais de responsables políticos de Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo e Xunta de Galicia

Participantes nunha edición anterior do Campus de Verán XuvenCiencia
Participantes nunha edición anterior do Campus de Verán XuvenCiencia

O Campus de Verán XuvenCiencia, unha cita organizada polo grupo de innovación docente XuvenCiencia da USC e afianzada xa nas primeiras datas do calendario estival na sede universitaria luguesa, bota a andar este luns 3 de xullo, a partir das 10.00 horas, a súa undécima edición coa participación de preto dun centenar de adolescentes chegados de toda Galicia e tamén doutras localizacións de España, un público preuniversitario que terá a oportunidade de achegarse durante unha semana ao mundo da investigación a través de 16 proxectos participativos.

A apertura oficial deste nova edición do Campus de Verán XuvenCiencia será ás 13.00 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria, no marco dun acto no que intervirán o divulgación científico e condutor do programa ‘Efervescencia’, de Radio Galga, Manuel Vicente, así como delegada do Campus Terra da USC, Elvira López, a coordinadora do grupo XuvenCiencia, Mercedes Novo, ademais de responsables políticos de Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo e Xunta de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.06.2023.