21.10.2020 | 11.30h
Estes premios fanse no marco do convenio de colaboración en materia de igualdade de xénero do Concello de Santiago de Compostela coa USC

O acto de entrega dos galardóns correspondentes á XI Edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación terá lugar o vindeiro mércores 21 de outubro ás 11:30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Este acto estará presidido polo reitor Antonio López.