Ir o contido principal

'Do celuloide ao streaming: conservación e circulación dos pequenos cinemas'

XII Congreso Internacional Small Cinemas

28.10.2021 | 09.00h

Auditorio e Sala de Visionado 1
Facultade de Ciencias da Comunicación

Organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais da USC

Imaxe do congreso Small Cinemas
Imaxe do congreso Small Cinemas

A Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá do 28 ao 30 de outubro a duodécima edición do congreso internacional Small Cinemas, un encontro itinerante de carácter anual que congrega investigadoras e investigadores de todo o mundo referentes no estudo dos denominados pequenos cinemas, cinematografías de países e culturas con linguas minorizadas, nacións sen estado ou entidades políticas con estatutos singulares. 

Baixo o título Do celuloide ao streaming: conservación e circulación dos pequenos cinemas, o encontro pon o foco nas singulares transformacións da circulación e difusión dos filmes desde a chegada do streaming e a súa repercusión en cinematografías cun problema endémico de visibilidade. Ao tempo, aborda a conservación das obras producidas por estes cinemas nos arquivos e fondos cinematográficos como unha vía indispensable para a defensa e promoción do patrimonio e a diversidade culturais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.10.2021.