Ir o contido principal

13 de febreiro

XII edición do Día Mundial da Radio

13.02.2023

Santiago de Compostela
Estudio de Radio

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC súmase á Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! na conmemoración do Día da Radio

A USC súmase ás conmemoracións do Día Mundial da Radio
A USC súmase ás conmemoracións do Día Mundial da Radio

O próximo 13 de febreiro, os estudios de radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC abrirán as súas portas ao estudantado dos centros educativos con interese por coñecer os segredos do medio radiofónico de primeira man. O centro súmase así a iniciativa promovida pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! (PNO!) na conmemoración do Día Mundial da Radio, que se celebra dende 2011 por iniciativa da UNESCO.

Con esta proposta, na que participa tamén a Universidade de Vigo e distintas canles profesionais como Radio Tui, Radio Allariz, Radio As Nogais, Radio Burela ou a Radio Afifense en Portugal, PNO! promove o uso do medio radiofónico nos centros de ensino como un recurso de carácter transversal cara á mellora das competencias comunicativas e dixitais do alumnado. 

O labor de Ponte... nas Ondas!, que botou a andar en 1995 para achegar ao estudanteado galego e portugués na preservación, difusión e transmisión do patrimonio común, recibiu numerosas distincións ao longo da súa andadura, entre as que se atopan o Premio Galicia de Comunicación (2005), o Premio Ondas (2014) ou o recoñecemento da UNESCO como ONG consultora para o Patrimonio Inmaterial. 

Máis información na web de PNO!

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.02.2023.