Ir o contido principal

XII Xornadas RIFDE-Finanzas Autonómicas. ‘Á espera das reformas’

20.05.2025-21.05.2025
As xornadas desenvolveranse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite
As xornadas desenvolveranse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite

A Rede de Investigadores/as en Financiamento autonómico e Descentralización financeira en España (RIFDE) desenvolve esta semana en Santiago as súas décimo segundas xornadas, que congregan anualmente académicos, persoas expertas e autoridades de distintos niveis de goberno para analizar en profundidade as finanzas autonómicas en sentido amplo.

As xornadas, que se desenvolverán na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, inaugúranse este martes 20 ás 9.00 horas coa participación do profesor Santiago Lago Peñas, presidente do comité organizador; o decano da Facultade anfitrioa, Xoán R. Doldán García; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado; e o reitor Antonio López Díaz.

Nesta edición, que tentará profundar na reforma do sistema de financiamento autonómico, participa persoal experto de diversas universidades españolas así como dos Gobernos de Galicia, Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana ou do Banco de España.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.05.2025.