Ir o contido principal

XIII Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos

Con Jaume Martínez Bonafé

Cartel XIII Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos
Cartel XIII Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos

A Facultade de Ciencias da Educación acollerá o vindeiro luns, 22 de novembro, o XIII Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos, que contará coa presenza do profesor Jaume Martínez Bonafé, profesor xubilado da Facultade de Filosofía e CC. da Educación da Universidade de Valencia. 

A partir das 18.15 horas, o experto en didáctica ofrecerá a conferencia Sentido e significado do libro de texto na sociedade dixital. O evento incluirá tamén a presentación do libro  Otra educación con cine, literatura y canciones, que o autor co-asina con Jaume Carbonell Sebarroja. 

A participación en liña é de balde previa inscrición. O prazo para remata o día 19 de novembro ás 14.00 horas. 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2021.