No acto imporanseas insignias de ouro da irmandade a Camilo Nogueira Román e ao xurista Carlos Varela García

A Irmandade Xurídica Galega celebra o sábado 10 de xuño a súa décimo cuarta asemblea no Colexio de Fonseca. O acto, que arrancará ás 12.00 horas no Salón Nobre contará coa prensenza do reitor Antonio López e nel imporanse as insignias de ouro da irmandade a Camilo Nogueira Román, impulsor no Parlamento de Galicia da aprobación da Lei de Normalización Lingüística no ano 1983 e ao xurista Carlos Varela García, fiscal da Fiscalía Superior de Galicia. No transcurso do mesmo entregaranse os diplomas acreditativos as novas incorporacións de irmandiños e irmandiñas.
O evento contará tamén coas intervencións da profesora Alba Nogueira sobre o 40º aniversario da Lei de normalización lingüística, de Xoaquín Monteagudo en louvanza de Camilo Nogueira, e de Luís Villares en honra a Carlos Varela, alén dos discursos de ambos os homenaxeados. Tamén participarán no acto o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira.