O evento acollerá a 400 participantes de 28 países de España, Europa e América Latina, e ata 72 institucións académicas. Celebraranse 35 Simposios temáticos, que terán lugar en modalidade semipresencial

Os vindeiros 14, 15 e 16 de xuño terá lugar o XIX Congreso Internacional da Asociación Española de Americanistas 'Os Camiños de América'.
O congreso será inaugurado polo reitor da USC, Antonio López Díaz; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez González; a presidenta da Asociación Española de Americanistas Ascesión Martínez Riaza (UCM); e a coordinadora do Comité Organizador, Pilar Cagiao Vila (USC).
A conferencia inaugural, baixo o título 'América e a identidade de Galicia: unha visión dende dúas beiras', correrá a cargo do catedrático da USC Ramón Villares Paz e do catedrático Fernando Devoto da Universidade de Bos Aires.
Podes inscribirte nesta ligazón ata o 30 de maio, e podes consultar aquí a lista completa de simposios e ponencias.