Como peche do proxecto ‘Alumnado universitario comprometido coa Axenda 2030 e o seu potencial de transformación do sistema’

Intered, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, organiza unha actividade como peche do proxecto ‘Alumnado universitario comprometido coa Axenda 2030 e o seu potencial de transformación do sistema’ financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). A xornada será en liña o mércores 26 de xuño en horario de 15 a 18 horas.
O obxectivo deste espazo de encontro é presentar os resultados do proxecto, así como xerar un espazo de intercambio e diálogo sobre experiencias e prácticas inspiradoras para a transformación social desde universidades e entidades do terceiro sector.
No programa contemplouse unha síntese de resultados dun estudo elaborado polo Grupo de Investigación Terceira Xeración da Universidade de Santiago de Compostela sobre o marco de xestión universitaria que integra a Axenda 2030 nos seus procesos formativos e a percepción e coñecementos do alumnado universitario nesta materia.