
Os Institutos de Humanidades (iHUS) e de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC, xunto coa Axencia galega de innovación (GAIN), organizan o 22 de xullo unha xornada na que se tratarán as novidades nas distintas modalidades de axudas do European Research Council (ERC), tal e como Starting, Consolidator, Advanced, Synergy & Proof-of-concept.
As xornadas, que se desenvolverán no Centro de Estudos Avanzados, darán comezo ás 10.00 horas coa benvida por parte da directora do iHUS, Laura Lojo. A continuación, intervirá María Dolores Sánchez, da Unidade de Proxectos Europeos, para explicar as axudas do ERC, e María José Mariño Fontenla, directora da Área de Talento e Transferencia da GAIN, fará o propio co programa Oportunius. Xa ás 11.45 terá lugar a lectura das conclusións.