Ir o contido principal

Xornada ‘Comunicación preventiva da conduta suicida: guía e retos para profesionais dos medios’

02.10.2025 | 11.00h

Santiago de Compostela
Visionado 1

Facultade de Ciencias da Comunicación. Foto: Santi Alvite
Facultade de Ciencias da Comunicación. Foto: Santi Alvite

A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle o xoves 2 a xornada ‘Comunicación preventiva da conduta suicida. Guía e retos para profesionais dos medios’, organizada en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, e co patrocinio de Johnson and Johnson.

O programa dará comezo ás 11:00 horas coa apertura a cargo da decana da Facultade de Ciencias da Comunicación, Ana Isabel Rodríguez Vázquez; da decana do CPXG, Belén Regueira Leal; e do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

A continuación, a psicóloga da Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde, María José Mogo Serrano, presentará a guía de boas prácticas. Seguiralle unha mesa redonda sobre principios éticos na cobertura mediática da conduta suicida que, moderada pola xefa de servizo na Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde, Yolanda Triñanes Pego, participarán Eliana Martins, do CPXG, e Juan José Escudero Barrera, da Asociación Sendas.

A clausura da xornada, ás 11:50 horas, correrá a cargo da subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental do Sergas, Almudena Díaz Pereira, e da decana da Facultade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.10.2025.