A sesión desenvolverase en liña o 18 de novembro e a inscrición é de balde e pode facerse na web de Feuga

O grupo operativo autonómico Contecad, centrado no control ecolóxico de plantas adventicias nos cultivos agrícolas de Galica e liderado polo catedrático da USC Antonio Rigueiro, que tamén coordina o grupo de investigación Sistemas Silvoastorais da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, celebra o vindeiro 18 de novembre, a partir das 10.00 horas, unha xornada divulgativa virtual que se desenvolverá baixo o título 'Control natural de malas herbas. Cara un cultivo ecolóxico e sostible" .
Este foro virtual, aberto á participación de agricultores, cooperativas, investigadores, empresas e calquera entidade relacionada co sector agroalimentario, medio ambiente e desenvolvemento rural, servirá tamén de escenario para a presentación dos principais resultados do proxecto Contecad, que traballa na validación da eficacia do uso de aceites esenciais como produtos de control natural de plantas adventicias en cultivos hortofrutícolas de Galicia.
As persoas interesadas en participar nesta sesión divulgativa, poden formalizar a súa inscrición de balde ata o 17 de novembro no formulario virtual que xa está accesible na web de Feuga, onde tamén se pode consultar o programa da mesma. O día antes da celebración da xornada enviarase aos participantes a ligazón para unirse á sesión virtual.