Ir o contido principal

Xornada de difusión de literatura e cultura hispanoamericanas

18.10.2024 | 12.00h

Santiago de Compostela
Auditorio

Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

A 'Xornada de difusión de literatura e cultura hispanoamericanas' que organiza o decanato da Facultade de Filoloxía e a Cátedra de cultura latinoamericana 'Alejo Carpentier' terá lugar este venres 18 de outubro. A inauguración, coa asistencia do decano Elias Feijó, a vicedecana Elsa González e a profesora Ana Chouciño, será ás 12.00 horas no vestíbulo da Facultade, onde se presentará a exposición de carteis de cinema cubano a cargo da profesora Ana Chouciño, mostra que se poderá visitar ata o 15 de xaneiro.

O obxectivo da exposición é subliñar o valor da Colección de Carteis de Cinema Cubano que presenta e que constitúe parte do patrimonio cultural americano da USC. Estes carteis, xunto coas súas correspondentes películas e a documentación arquivada na Cátedra, permiten adentrarse na historia cubana desde 1959 e constitúen un testemuño da intensa colaboración que a Cátedra mantivo a principios de século co Instituto de Cinema Cubano e Artes Cinematográficas (ICAIC). 

Entre as 13.00 e as 15.00 horas haberá unha serie de conferencias no auditorio do centro, a cargo de Virginia Gil, Carmen Luna e Eva Valcárcel. Clausurará o evento a profesora Ana Chouciño.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2024.