O programa consta de charlas de vinte minutos impartidas por seis investigadores e investigadoras mozas da Facultade de Matemáticas

‘Habelas, hainas’ é unha xornada de carácter divulgativo da investigación matemática, destinada fundamentalmente a estudantes de grao ou máster, que ten o obxectivo de presentar de xeito amable a investigación que se está a facer no centro e demostrar que esta ciencia está presente actualmente en todos os ámbitos da vida. As intervencións poderanse seguir en liña a través de Teams.
As persoas interesadas en asistir de xeito presencial deberán inscribirse de balde na Secretaría Virtual ata o 25 de novembro xa que se ofertan un máximo de vinte prazas. As persoas asistentes terán dereito a un diploma acreditativo por tres horas. Tamén poderán ter dereito a diploma as persoas que se inscriban na Secretaría Virtual para asistir a través de Teams ata un máximo de 150 prazas. En todo caso, a través de Teams poderá seguir a xornada calquera persoa que o desexe.