Ir o contido principal

Xornada de divulgación dos resultados do proxecto ‘Actitudes de xénero detectadas polo estudantado de Enfermaría nas prácticas clínicas’

07.11.2025 | 10.00h-13.30h

Santiago de Compostela

A xornada desenvolverase no CEA. Foto: Santi Alvite
A xornada desenvolverase no CEA. Foto: Santi Alvite

O proxecto ‘Actitudes de xénero detectadas polo estudantado de Enfermaría nas prácticas clínicas’ no que participaron as tres universidades galegas presenta os seus resultados nunha xornada de divulgación a desenvolver o 7 de novembro ás 10.00 horas no CEA (Parque de Vista Alegre).

A xornada inauguraraa a coordinadora da Oficina de Igualdade e Xénero da USC, Sonia Rodríguez Boente, e a continuación terá lugar o primeiro relatorio, titulado ‘Xénero e acoso laboral: da invisibilidade ao recoñecemento’ a cargo da traballadora social directora do CEMVI, Maria Elena Molanes Piñeiro.

Os resultados do proxecto exporaos ás 10.45 horas a profesora da Área de Enfermaría da USC Cristina Jorge Soto. Tras esa intervención, desenvolverase unha mesa redonda de análise na que, moderada pola profesora da USC Ainara Díaz Geada, participarán a voceira de Igualdade do Consello do Estudantado da USC, Rocío González González; a profesora á Área de Teoría e Historia da Educación da USC e membro do grupo de investigación ESCULCA, Patricia Alonso Ruido; a supervisora da Área de Docencia do CHUS e profesora asociada da USC, Sandra Vidal Martínez; a vicesecretaria da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª del Carmen González Hermo; e a presidenta e presidente dos Colexios Oficiais de Enfermaría de Ourense e Pontevedra, María José Menor Rodríguez e José Pablo Moreira Hermelo.

A xornada rematará ás 13.00 horas coa lectura das conclusións a cargo da profesora de Enfermaría da UDC Mª Jesús Movilla Fernández.

O proxecto ‘Actitudes de xénero detectadas polo estudantado de Enfermaría nas prácticas clínicas’ ten concedida unha axuda á investigación da USC para a realización de proxectos destinados ao desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o ano 2025.

Cartel da xornada
Cartel da xornada
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2025.