Ir o contido principal

Xornada sobre dixitalización e seguridade na empresa

16/02/2022 - 18.00 horas

O CEO de Macrocopia e Solitium Noroeste, Jorge Rois, e o presidente de ReDigital, Esteban Romero, abordan este mércores en dous relatorios tecnoloxía aplicada ao ámbito da empresa e sobre o Rexistro de Economía de Transformación Dixital

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC acolle este mércores, a partir das 18.00 horas, no Salón de Graos do centro universitario, unha xornada sobre dixitalización e seguridade na empresa na que intervirán como relatores o CEO de Macrocopia e Solitium Noroeste, Jorge Rois, e o presidente de ReDigital, Esteban Romero.

A tecnoloxía aplicada ao ámbito das Pemes centrará a intervención de Jorge Rois, mentres que o presidente de ReDigital aproveitará esta sesión para presentar o Rexistro de Economía e Transformación Dixital do Colexio de Economistas nunha intervención na que tamén fará fincapé na importancia da dixitalización no exercicio da profesión.

O decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Roberto Bande Ramudo, sinalou que esta xornada, de acceso libre e de balde para todo o público interesado, aínda que con limitación de aforo, permite afondar sobre o concepto de seguridade no manexo e custodia da información no seo das empresas. A crecente importancia desta cuestión, engade Bande, obriga a unha continua renovación dos protocolos de seguridade ante a crecente presenza de ameazas.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2022.