Evento presentado por GEM Galicia en colaboración con StartUp Galicia

A xornada, que trata sobre as oportunidades emprendedoras que teñen os estudiantes ao acabar seus graos ou posgraos, dispón dun formato mixto. Pódese asistir de forma telemática vía Teams, ou de forma presencial con inscrición previa nesta ligazón.
Por motivos de seguridade só están dispoñibles 30 prazas presenciais. Se o desexas podes solicitar unha acreditación de participación e será entregada posteriormente.
A benvida correrá a cargo de José Díez de Castro, secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, e Loreto Fernández, directora do equipo GEM Galicia.
A continuación, o Proxecto GEM e proxecto GUESSS será presentador por Isabel Neira, directora técnica do proxecto GEM Galicia e GEM España, e Eva López, coordinadora de Woman Emprende, AVTE da USC, falará sobre o fomento do emprendemento estudiantil na USC
Para rematar, Daniel Cerqueiro, presidente de StartUP Galicia e CMO de Docuten, falará sobre o ecosistema galego de Start Ups, e Rosa Vázquez, CFO e cofundadora de Appentra, sobre a súa experiencia de emprendemento nas TIC.