27.11.2020 | 11.30h-14.00h
Organiza a Vicerreitoría de Estudantes e Proxección Internacional da USC

A I Xornada formativa en liña 'Historia do Camiño de Santiago. A aprendizaxe do español como lingua estranxeira' contará coa participación de Nava Castro, directora Turismo de Galicia; Víctor Arce, vicerreitor deEstudantes e Proxección Internacional da USC; Juan Manuel Monterroso, profesor de Historia da Arte da USC e exdirector da Cátedra do Camiño; Pilar Taboada de Zúñiga, directora-xerente de Cursos Internacionais da USC; e Cecilia Pereira, comisaria Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.
A inscrición á xornada é de balde e pode levarse a cabo nesta ligazón.