Ir o contido principal

Xornada ‘Como impulsar os resultados de investigación a través da IA’

24.01.2024 | 12.30h-15.00h

Santiago de Compostela
Auditorio

Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite

A xornada de innovación e transferencia ‘Como impulsar os resultados de investigación a través da IA’ quere fomentar a colaboración entre diferentes áreas de investigación da USC, co fin de identificar oportunidades e impulsar os resultados de investigación a través da Intelixencia Artificial. A sesión desenvolverase este mércores 24 de xaneiro na Facultade de Ciencias da Comunicación de 12.30 a 15.00 horas.

Carles Sierra, director do Instituto de Investigación en Intelixencia Artificial do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Universidade Autónoma de Barcelona; María José Carreira, investigadora do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) e Antonio Artés Rodriguez, socio fundador de EB2, spin-off da Universidade Carlos III de Madrid serán os relatores nesta xornada.

Co programa búscase fomentar a hibridación de resultados de investigación, poñendo o foco na área de Ciencias Sociais e Humanidades coa Intelixencia Artificial. Así, o obxectivo deste encontro é coñecer casos de éxito que sexan exemplos desta hibridación e, por outra parte, fomentar a colaboración entre diferentes equipos de investigación da USC.

Está dirixida principalmente a persoal investigador dos diferentes centros de investigación en Ciencias Sociais, Humanidades e de Intelixencia Artificial da USC. Ademais, as persoas participantes que así o desexen terán a oportunidade de presentar os seus proxectos en formato ‘elevator pitch’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2024.