Ir o contido principal

Xornada de Intelixencia Artificial da CRUE

13.03.2024 | 16.00h-18.30h

Santiago de Compostela

Centro de Estudos Avanzados da USC. FOTO: Santi Alvite
Centro de Estudos Avanzados da USC. FOTO: Santi Alvite

CRUE Universidades españolas, entidade que agrupa 77 instituciones universitarias, organiza para este mércores 13 de marzo unha Xornada sobre Intelixencia Artificial que se desenvolve no Centro de Estudos Avanzados da USC de 16.00 a 18.30 horas. Esta xornada é previa á celebración da asemblea xeral da entidade, que se desenvolve na mañá do xoves 14 no mesmo edificio, o Centro de Estudos Avanzados da USC.

O reitor da USC Antonio López Díaz, e o presidente de Crue Digitalización e reitor da Universitat Politécnica de Catalunya, Daniel Crespo Artiaga, inaugurarán ás 16.00 horas a xornada. Deseguido o director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC, Senén Barro Ameneiro, ofrecerá unha conferencia sobre 'Intelixencia Artificial: posibilidades, riscos e oportunidades'.

Ás 16:50 horas Mairéad Pratschke,  Chair in Digital Education e Associate Director of eLearning + Teaching Innovation da Universidade de Manchester falará sobre 'Impacto e oportunidades da IA na docencia'. Ás 17.30 horas o secretario executivo de Crue-Digitalización, Pedro Miguel Ruiz, dará unha charla sobre 'Experiencias de IA en universidades'. O último relatorio da xornada, ás 18.00 horas, é do presidente de Crue Digitalización, Daniel Crespo Artiaga, quen dará a coñecer a 'Iniciativa UniDigital IA do Ministerio de Transformación Dixital e Función pública'.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.03.2024.