Ir o contido principal

Xornada ‘Intelixencia Artificial, lexislación e accesibilidade no marco da UE’

22.05.2024 | 11.00h

En liña dende o enlace https://lc.cx/avqqPF

A xornada desenvolverase de xeito telemático o vindeiro 22 de maio

Analizaranse os principais puntos da acta da intelixencia artificial
Analizaranse os principais puntos da acta da intelixencia artificial

O grupo de Investigación da USC ISOPOLIS (Investigación social e políticas públicas) adscrito ao Departamento de Ciencia Política e Socioloxía desenvolverá o vindeiro mércores, 22 de maio, unha xornada en liña titulada ‘Intelixencia Artificial, lexislación e accesibilidade no marco da UE’. A entrada é libre e pode accederse dende o enlace https://lc.cx/avqqPF.

O acto, previsto para as 11.00 horas, está organizado e coordinado polos profesores Francisco Eduardo Haz Gómez e Bran Barral Buceta, e contará coa presenza como relator de David Rodríguez Guillé, experto na temática e investigador do Grupo Socioloxía do benestar social e do envellecemento da Universidade de Murcia, institución colaboradora neste evento que xunto coa USC son as dúas integrantes españolas da Rede EUniWell centrada no benestar. Colabora tamén o Decanato da propia facultade.

Na xornada analizaranse os principais puntos da Acta da Intelixencia Artificial para poder posteriormente reflexionar sobre o seu impacto na accesibilidade e estudaranse as aplicacións que poden capturar e tratar datos para personalizar publicidade ou outro tipo de accións que poden afectar as nosas vidas.

Ademais, debaterase sobre a posibilidade de que a Directiva de Protección de Datos (GDPR) de 2018 poida converterse nun estándar global e se é necesario regular esta tecnoloxía para protexer as persoas consumidoras ou non é preciso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2024.