Ir o contido principal

Xornada de Investigación. Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)

04.03.2021 | 12.00h-14.00h

Dirixido a alumnos/as de todos os graos/másters da ETSE

Organizadores: Senén Barro y Paula López (CiTIUS).

Criterios de selección: As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. 

Nº máximo de alumnos: 40

Obxectivo

O obxectivo desta xornada é que os/as estudantes coñezan de primeira man as liñas de investigación do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). Neste xornada presentaremos algunha das principais liñas de investigación do CiTIUS. O CiTIUS é un centro de referencia no ámbito das tecnoloxías intelixentes que realiza unha investigación de gran relevancia científica e impacto socioeconómico e cunha alta capacidade de formación e atracción de talento. Presentaremos tamén casos de éxito de transferencia de coñecemento ao mercado a través de empresas spin- off.

Avaliación (so para os/as alumnos/as do Grao en Enx. Química que queiran computar as horas aos efectos da materia “Aula Profesional”)

Avaliarase a asistencia e un resumo sobre a xornada que elaborarán e enviarán a etse.subdireccion [at] usc.es (etse[dot]subdireccion[at]usc[dot]es) con data límite o 12 de marzo de 2021. A actividade computará 12,5 h (0,5 ECTS).

Lugar de inscrición

Enviar correo electrónico a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) cos seguintes datos: Nome, Titulación, Curso, (ata o día 26 de febreiro) Confirmarase a admisión por correo electrónico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2021.