Ir o contido principal

Xornada de investigación en Enxeñaría Química

26.01.2021 | 16.00h-18.00h

Dirixido a alumnos/as do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos e do Grao en Enxeñaría Química

Organizador: Héctor Rodríguez, Profesor do Departamento de Enxeñaría Química e Coordinador do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos da USC

Criterios de selección: Terá preferencia o alumnado do primeiro curso do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos. O resto das prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

Nº máximo de alumnos: aforo del salón de actos (46)

Obxectivo

O obxectivo desta xornada é que os/as estudantes das titulacións da Área de Enxeñaría Química coñezan de primeira man as liñas de investigación dos grupos de investigación do Departamento de Enxeñaría Química da USC, que nos farán una presentación dos aspectos máis relevantes das mesmas e dos proxectos que están a desenvolver.

Avaliación (so para os/as alumnos/as do Grao)

Avaliarase a asistencia e un resumo sobre a xornada que elaborarán e enviarán a hector.rodriguez [at] usc.es (hector[dot]rodriguez[at]usc[dot]es) con data límite o 15 de febreiro de 2021. A actividade computará 12,5 h (0,5 ECTS).

Lugar de inscrición

Enviar correo electrónico a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) cos seguintes datos: Nome, Titulación, Curso, (ata o día 22 de xaneiro). Confirmarase a admisión por correo electrónico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2021.