Ir o contido principal

Xornada ‘LingüisticaMente IV. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística’

13.12.2024 | 12.00h

Sala de divulgación

LingüisticaMente IV
LingüisticaMente IV

Lingüística, psicoloxía e psicolingüística converxerán este venres 13 na xornada LingüisticaMente IV que se desenvolverá na sala de divulgación do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC, entidade organizadora xunto co Instituto de Psicoloxía da USC.

O programa dará comezo ás 12.00 horas con Marcos Díaz Lago, de Psicoloxía da USC, e a charla ‘Co corazón ou coa cabeza? Toma de decisións na lingua materna ou nun idioma estranxeiro’ e continuará coa intervención de Vítor Míguez, de Filoloxía, titulada ‘Lingüística e modalidade: unha perspectiva cognitivo-funcional’.

Ademais de presencialmente, calquera persoa interesada poderá seguir a xornada en directo a través da canle de Youtube do ILG.
 

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2024.