Xornadas de Orientación Profesional no Campus de Lugo

‘LinkedIn como ferramenta para a busca de emprego’ é unha das actividades previstas nas Xornadas de Orientación Profesional no Campus de Lugo, pensadas para preparar o estudantado dos últimos cursos e as persoas tituladas recentes para a súa incorporación ao mundo laboral. A actividade impulsada pola Área de Orientación Laboral e Emprego da USC aborda ferramentas para a busca de emprego e diversas estratexias para potenciar as competencias profesionais ou como afrontar as entrevistas de traballo.
A sesión ‘LinkedIn como ferramenta para a busca de emprego’ terá lugar o xoves 8 e desenvolverase en liña entre as 10.00 e as 11.30 horas. “Aprenderemos como elaborar e mellorar o perfil de LinkedIn, como construír unha rede de contactos e as utilidades que ofrece esta rede social para a busca de emprego”, explica o relator da sesión Carlos Parada Gandós, consultor de Formación especialista en eLearning e Innovación Educativa.