Nace da colaboración da Facultade co Seminario de Iniciación á Investigación, da Comisión de Normalización Lingüística de Matemáticas e do Servizo de Normalización Lingüística da USC

A Facultade de Matemáticas será escenario este xoves 23 de 16.00 a 20.00 horas da xornada Matemáticas: habelas hainas! 2023, que ten carácter divulgativo da investigación matemática, e está destinada fundamentalmente a estudantes de grao e máster. Nela contarase coa participación de investigadoras e investigadores de todas as áreas presentes na Facultade, que intentarán explicar dun xeito desenfadado e sinxelo para que se empregan e que son as matemáticas.
Programa
16.00 horas: Apertura
16.30 horas: Begoña Nicolás Ávila. Sistemas dinámicos para explicar o noso mundo, e máis aló
17.00 horas: Óscar Rivero Salgado. Resolvendo ecuacións ao tic tac do reloxo
17.30 horas: Javier López Pedrares. Mategami
18.00 horas: Descanso
18.30 horas: Marta Cousido Rocha. Descifrando o mar
19.00 horas: Tomás Otero Casal. Grupos, especias, e moitas cousas bonitas!
19.30 horas: Sebastián Buedo Fernández e Daniel Cao Labora. Buscando o punto óptimo da Facultade
O evento rematará cun magosto financiado por O Lar do Estudante.