Ir o contido principal

Xornada 'Menores e pantallas: da investigación á acción'

20.09.2024 | 09.30h-14.00h

Santiago de Compostela

Facultade de Psicoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Psicoloxía. FOTO: Santi Alvite

A xornada 'Menores e pantallas: da investigación á acción' desenvólvese este venres 20 de setembro a partir das 09.30 horas na Facultade de Psicoloxía co acto de apertura institucional. Ás 10.00 horas o profesor Antonio Rial Boubeta, da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da USC fala sobre 'Temos realmente un problema coa tecnoloxía?'.

Ás 10.30 horas comeza a conferencia central, a cargo do profesor Jöel Billieux da Universidade de Lausanne e da OMS, co título 'The risk of pathologization of everyday life as behavioural addiction'. Ás 12.30 será a conferencia de clausura, titulada 'Uso saludable, seguro y responsable de las TRIC en la infancia y la adolescencia ¿Se puede realmente hacer una prevención eficaz desde el ámbito escolar?', a cargo do profesor Joaquín Manuel González Cabrera da Universidade Internacional da Rioxa (UNIR) e do profesor Juan Manuel Machimbarrena Garagorri da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).

Cartel da xornada
Cartel da xornada
Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2024.