22.02.2024 | 19.00h-22.00h
A Nave de Vidán

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermedades Crónicas (CiMUS) organiza para o xoves 22 de febreiro ás 19.00 horas a Xornada de neurocientíficas 'Cheers to Women in Neuroscience'. Trátase, como o título indica, dunha xornada divulgativa sobre neurociencia, organizada por Ana Isabel Rodríguez Pérez da Sociedad Española de Neurociencia e do CiMUS, con motivo da conmemoración o 11 de febreiro do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Será na Nave de Vidán e nela falarán as investigadoras Alba Vieites Prado, Rita Valenzuela Lamiñana e Ana Isabel Rodríguez Pérez.
