Salón de Actos
Representantes dos colexios profesionais de Galicia e do consello xeral de enxeñeiros agrícolas de España participan o xoves 23 de febreiro, ás 13.00 horas, na EPS de Enxeñaría de Lugo, na sesión ‘O colexio profesional, compañeiro para a vida’

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC acolle este xoves 23, a partir das 13.00 horas, no salón de actos do centro, unha xornada de orientación laboral para persoas tituladas en Enxeñaría Agrícola, no marco da que tamén se informará das oportunidades e prestacións que ofrecen os colexios profesionais.
A sesión, promovida polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, contará tamén coa participación de representantes dos distintos colexios profesionais de Enxeñaría Agrícola existentes en Galicia, así como do Consello Xeral de Enxeñerios Agrícolas de España.
O presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, Marcos Vázquez Marey, e o tamén enxeñeiro agrícola egresado da EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC Ismael Moeda Dova intervirán como relatores desta xornada.