Organiza o Grupo de Traballo en Pesca Marítima Recreativa (GT PMR), unha rede de ámbito nacional coordinada polos investigadores da USC Pablo Pita e Sebastian Villasante

O obxectivo da rede GT PMR é reforzar a sustentabilidade socioecolóxica da Pesca Marítima Recreativa, impulsando a colaboración e transferencia de coñecementos entre organizacións de pescadores, centros de investigación, empresas e administracións públicas.
O primeiro seminario desta serie de encontros exporá dez iniciativas clave sobre investigación e xestión desta actividade, nas que participan AZTI, CSIC, IEO, Universidade de Murcia, Universidade de Oviedo, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Barcelona, así como as Direccións de Pesca da Generalitat de Catalunya e do Goberno Balear.
Prestarase especial atención aos factores que fixeron posible o desenvolvemento de cada iniciativa, e a como se solventaron as principais dificultades atopadas.
O formato do seminario será en liña, público e de balde. Podes rexistrarte nesta ligazón.