Ir o contido principal

Xornada 'As políticas locais de abordaxe da violencia de xénero en Galicia'

26.02.2024 | 09.15h-18.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

A Rede Armela organiza este evento, creado para reflexionar da man e da voz de profesionais expertas en materia

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. FOTO: Santi Alvite

A xornada 'As políticas locais de abordaxe da violencia de xénero en Galicia' comeza este luns 26 de febreiro a partir das 09.15 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. A inscrición para poder asistir é obrigatoria e poderase realizar na páxina web da Rede Armela. A data límite para inscribirse é este xoves 22 de febreiro.

O evento forma parte dun proceso de difusión de resultados da investigación 'Vulnerabilidade, Dereitos Sociais e Boa e-Administración", financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.  No marco deste proxecto a meirande parte dos Centros de Información á Muller galegos participaron a través dun formulario no verán de 2022 e unha mostra de profesionais e activistas formaron dous grupos de discusión onde profundar sobre os principais desafíos das políticas locais sobre violencia a partir do impacto da COVID-19 e a aceleración do proceso de dixitalización na Administración Pública.

 

Programa da xornada
Programa da xornada
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.02.2024.