As persoas interesadas en participar como público nas visitas guiadas organizadas polo Día Internacional dos Museos poden facer a súa reserva de balde a través do número de teléfono 610 323 926 ou da web www.adomusdomitreo.com

O Museo Universitario A Domus do Mitreo súmase a celebración do Día Internacional dos Museos, unha efeméride que se conmemora o vindeiro martes 18 de maio, cunha xornada de acceso libre e gratuíto, ademais de coa organización de dúas visitas guiadas, unha en quenda de mañá e outra, pola tarde. As persoas interesadas deberánformalizar reserva a través do número de teléfono 610 323 926 ou da web www.adomusdomitreo.com
A duración de cada unha destas visitas guiadas, abertas a todos os públicos, será de media hora. Así, nos itinerarios programados para as 12.00 horas e as 18.00 horas, as persoas que actúen como guías tratarán sobre o pasado e o futuro da Domus do Mitreo, ao tempo que explicarán como este museo universitario sorteou as limitacións derivadas da pandemia provocada pola COVID-19 grazas á súa web.