A raíz dun informe co elaborado polo investigador da USC David Soto

Os investigadores David Soto, da USC-CISPAC, e Ruth Varela, da UDC-CISPAC, presentarán o xoves 13, ás 18:30 horas na Casa das Máquinas de Compostela, o seu Informe sobre o papel da Praza de Abastos de Santiago de Compostela como centro de alimentación de proximidade. O acto, que irá seguido dun debate cos praceiros e praceiras do Mercado compostelán, enmárcase na xornada ‘A Praza de Abastos e o dereito á alimentación en Compostela’.
Tras a presentación do informe, terá lugar un faladoiro sobre o dereito á alimentación e a gobernanza alimentaria, coa participación do concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais de Santiago, Xan Duro; do profesor da USC David Soto; da profesora da USC e membro do Observatorio del derecho a la alimentación en España (ODA-E), Amparo Novo; de Juan Soriano, de Entrelampo; Conchi Docampo e Rocío García Carregal, de Slow Food Compostela.
A xornada contará ademais coa participación de Juan Echanove, xefe do Equipo do Dereito á Alimentación da FAO, e coa presenza de Valeria Pasarín, membro do mesmo equipo. A apertura institucional será a cargo da alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, e do director do CISPAC, Lourenzo Fernández Prieto.