Sala de Reunións (planta baixa)
O Centro de Estudos Avanzados, sede do Instituto de Investigación en Humanidades (iHUS) da USC, será o lugar no que o xoves 12 terá lugar un encontro de presentación do traballo que veñen realizando as catro cátedras institucionais dirixidas por persoal investigador do iHUS.
Deste xeito, no encontro intervirán Fernando Cabo e María do Cebreiro Rábade, director e directora da Cátedra Rosalía de Castro creada este ano; Santiago Fernández Mosquera, director da Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas (2011); Margarita Santos Zas, (directora da Cátedra Valle Inclán (2002), e Miguel Taín Guzmán, director da Cátedra Camiño de Santiago e das Peregrinacións (2016).
Alén do seu traballo nas cátedras a través das actividades científicas e de divulgación que desenvolven, no acto tamén se falará das posibilidades de colaboración entre elas, un dos eixos chave do plan de acción do iHUS, así como das oportunidades de financiamento.