24.01.2024 | 12.00h-14.00h

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) acolle este mércores 24 de xaneiro desde as 12.00 horas unha xornada sobre as conclusións do recente cumio sobre o clima de Dubai, o COP28, abordando tanto os retos ambientais que recolle o 'Global Tipping Points Report' presentado da man de dous co-autores, coma a valoración dos acordos ambientais e económicos atinxidos na COP28, coa participación do subdirector xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, Isaac Gómez Piñeiro e a catedrática de Fundamentos de Análise Económica, María Loureiro. A xornada pechará cunha táboa redonda e debate cos asistentes moderada polo catedrático de Física Vicente Pérez Muñuzuri.
