Ir o contido principal

Conferencias

I Xornada de Seguridade Dixital 'Ciberseguridade e Ciberdefensa'

09.06.2022 | 09.00h-18.30h

Santiago de Compostela

O encontro, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Mestrado en Ciberseguridade e Ciberdefensa, conta co patrocinio de NorQuality e InnovaSur

Facultade de Dereito. Foto: Santi Alvite
Facultade de Dereito. Foto: Santi Alvite

O vindeiro 9 de xuño, a Facultade de Dereito da USC acollerá a I Xornada de Seguridade Dixital 'Ciberseguridade e Ciberdefensa', un evento no que diferentes especialistas da área abordarán diferentes perspectivas da Seguridade Dixital, un dos temas centrais no día a día das empresas. 

A xornada desenvolverase das 9.00 ás 18.30 horas e contará coas intervencións de Antonio López, reitor da USC; Carlos Córdoba, xefe da Área de Centros de Operacións de Ciberseguridade do CNN; Fernando Suárez; director da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense e presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Informática; Raúl Bretón; director técnico e coordinador do SOC de Sequo; Manuel Lopera Trillo, responsable de sistemas de EPRINSA; José Morales, director técnico de EPRINSA; José Manuel Enríquez Trigás, membro da Deputación de Ourense; José Julio Fernández Rodríguez, delegado de Protección de Datos da USC; José Manuel Velo, director da Área TIC da USC e José Martínez Valenzuela, director da Área de Ciberseguridade do Grupo Innovasur. 

A xornada está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Mestrado en Ciberseguridade e Ciberdefensa, conta co patrocinio de NorQuality e InnovaSur e coa colaboración das Deputacións da Coruña, Lugo e Ourense, da FEGAMP, da Cámara Oficial Mineira de Galicia, do Centro de Estudos de Seguridade; de Marquid Consulting e de AJE Galicia. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2022.