Ir o contido principal

'Edición de datos abertos'

V Xornada Sofware Libre Científico

10.04.2023 | 09.15h-14.00h

Santiago de Compostela

Organizada pola Asociación MeLISA co apoio de AMTEGA e coa colaboración da USC

Cartel da xornada
Cartel da xornada

A V Xornada de Software Libre Científico pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da comunidade, no eido do software libre. Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLISA) e patrocinada pola AMTEGA, desenvolverase o 10 de abril na Facultade de Matemáticas da USC. Esta xornada busca promocionar e difundir o coñecemento do Software libre científico e, desta volta, céntrase nos datos abertos.

A inaguración terá lugar ás 9.15 horas e contará coa participación de Mª Elena Vázquez Cendón, decana do centro; Rafael Rodríguez Gayoso, presidente de MeLISA e Mª José Ginzo Villamayor, integrante do comité organizador e o comité científico. 

O programa contempla nove relatorios ao longo da mañá, coas intervencións de Elena Díaz del Río,  da Galiciana Biblioteca Dixital de Galicia;  Mª Dolores Rico Ramos, do Instituto Nacional de Estadística;  Rafael Ávila Coya, Consultor SIG;  Vicente Feijoo Ares, do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega; Conchi Méndez García, da Biblioteca Xeral da USC; Rosa Mª Crujeiras Casais, profesora da USC e directora científica do CITMAga; María Martín Vila, do Instituto Galego de Estatística; Marcos Tesouro Montecelo, de MeteoGalicia:  e Alberto Permuy Leal, de Codery_. 

Canda a profesora María José Ginzo, integrante do departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da USC e membro de MeLISA, conforman o comité organizador outros 3 integrantes da asociación: Jorge Lama Varela ,Rafael Rodríguez Gayoso e Miguel Ángel Rodríguez Muíños.

Toda a información sobre a xornada e o acceso á inscrición está dispoñible na web do evento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2023.