Ir o contido principal

Xornada técnica ‘O hidróxeno na transición enerxética’

23.04.2025 | 09.00h

Salón de Graos

A xornada será na Facultade de Matemáticas. Foto: Santi Alvite
A xornada será na Facultade de Matemáticas. Foto: Santi Alvite

O Mestrado en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable da USC desenvolve o mércores 23 de abril na Facultade de Matemáticas unha xornada técnica sobre o hidróxeno na transición enerxética. A sesión, de asistencia libre ata completar a capacidade do espazo, dará comezo ás 9.00 horas coa benvida da decana do centro anfitrión, Elena Vázquez Cendón, e do secretario do mestrado, José Antonio Rodríguez Añón.

Ao longo de todo o día sucederanse diversas intervencións de persoas expertas do eido académico e empresarial estruturadas en catro bloques temáticos: O hidróxeno na Axenda global e nacional; Proxectos tecnolóxicos: da idea á execución; Do laboratorio ao mercado: A visión técnica dos proxectos de I+D; e Impacto social, empresarial e sustentabilidade do hidróxeno.

A xornada completarase cun Obradoiro práctico de deseño dunha estratexia interdisciplinar do H₂ e a lectura das conclusións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2025.