Ir o contido principal

I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico

14.11.2022 | 09.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Organizada polo Instituto da Lingua Galega da USC e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro

Cartel da xornada
Cartel da xornada

O Instituto da Lingua Galega organiza xunto ao Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro a I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico. Esta pretende ser un encontro de persoal investigador para promover e difundir a investigación sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas. Os traballos que se presentan nesta primeira edición abordan distintas cuestións empíricas, metodolóxicas e teóricas do estudo da variación e do cambio.

A xornada vai ter lugar o 14 de novembro no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC. O prazo de inscrición para asistir como oíntes está aberto ata o día 10 de novembro. Entregarase un certificado de participación a aquelas persoas que asistan ao 85% da xornada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.10.2022.