Ir o contido principal

Xornadas ‘Acoso sexual e acoso por razón de xénero, orientación sexual e identidade de xénero en contornas en liña e fóra de liña na Universidade’

20.11.2024 | 10.00h

O 20 de novembro en Formación do Profesorado

Detalle do cartel da xornada
Detalle do cartel da xornada

O acoso sexual e o acoso por razón de xénero, orientación sexual e identidade de xénero en contornas en liña e fóra de liña na Universidade será o eixo dunhas xornadas a desenvolver o mércores 20 de novembro na Facultade de Formación do Profesorado, no Campus de Lugo.

A xornada, aberta ao público en xeral, abrirase ás 10.00 horas e a primeira das mesas redondas tentará dilucidar a raíz dos acosos, a súa comprensión e  definicións dende un enfoque integral. Participarán M. Carmen Sarceda, Eva M. Barreira Cerqueras e Raquel Mariño Fernández, moderadas por Milena Villar Varela.

A segunda das mesas leva por título ‘Acoso en contornas en liña e fóra de liña: radiografía dun problema invisibilizado’. Sobre a cuestión disertarán Mª del mar Sanjuán Roca, Milena Villar Varela e Mari Carmen Caldeiro Pedreira. Modera o debate Eva M. Barreira.

A xornada proseguirá pola tarde, a partir das 16.00 horas, cos obradoiros vivenciais ‘Rompendo o silencio’ e ‘Feridas invisibles’ a cargo de Laura García Docampo.

Trátase dunha actividade de transferencia organizada pola Universidade de Santiago de Compostela a través da convocatoria de Axudas 2024 para a realización de actividades de investigación e/ou transferencia no Campus de Lugo, financiadas pola Deputación Provincial de Lugo. Quen desexa máis información pode contactar en grupo.gefil [at] usc.es (grupo[dot]gefil[at]usc[dot]es).

Cartel da xornada
Cartel da xornada
Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2024.