Ir o contido principal

Xornadas de colaboración iMATUS-empresa

06.11.2024 | 15.30h

Santiago de Compostela

Detalle das instalacións do iMATUS. FOTO: Santi Alvite
Detalle das instalacións do iMATUS. FOTO: Santi Alvite

O Instituto de Materiais da USC (iMATUS) desenvolve este mércores 6 de novembro as 'Xornadas de colaboración iMATUS-empresa', un evento para fomentar a colaboración entre o mundo académico e o empresarial. A vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo, inaugura o encontro a partir das 15.30 horas, acompañada pola directora do Instituto de Materiais, Carmen Álvarez, e o director da Área de Promoción e Estratexia Científica, Emilio Martínez.

A partir das 16.00 horas desenvolveranse tres mesas redondas con representantes de empresas e agrupacións industriais emerxentes cun perfil de I+D destacado, mesas que moderarán membros do iMATUS. O obxectivo é explorar novas sinerxías e fortalecer as relacións xa existentes entre o mundo da investigación e o mundo da empresa, impulsando así a transferencia de coñecemento e a xeración de valor.

A primeira mesa de traballo está dedicada a materiais para a industria e tecnoloxías emerxentes, a segunda é sobre materiais para a saúde e a terceira céntrase en materiais para enerxía e medio ambiente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2024.