Ir o contido principal

Xornadas 'CO(M)XÉNERO'

08.02.2024-09.02.2024

Santiago de Compostela
A inscrición é de balde e pode facerse ata o 5 de abril

O evento contará coa participación de Pilar Aymerich, Premio Nacional de Fotografía 2021

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas

A décima edición de CO(M)XÉNERO abordará as prácticas fotográficas feministas, os espazos nos que se producen, as posicións dende as que se enuncian e os seus mecanismos de visibilización. Co lema ‘Imaxes do delito’ esta nova edición das xornadas celebrarase os días 8 e 9 de abril organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA). A inscrición é de balde ata completar a capacidade do espazo e poderá formalizarse ata o 5 de abril cubrindo un formulario en liña.

O programa do evento contará coa participación de Pilar Aymerich, Premio Nacional de Fotografía 2021, quen capturou coa súa cámara o rexurdimento das mulleres rebeldes na esfera pública durante a Transición (os delitos propios, as manifestacións, os congresos, as autoinculpacións). Da súa man, o encontro repasará esa nova xenealoxía da imaxe fotográfica de mulleres. Tamén intervirá a galerista Rocío Santacruz, coa finalidade de pensar sobre as formas de facer circular a fotografía documental feminista.

O autorecoñecemento na posición de outsider dos proxectos fotográficos de Laure Mojo buscarán abrir o programa de CO(M)XÉNERO a unha reflexión sobre dende onde  enuncian as mulleres a súas imaxes con liberdade. Tamén haberá tempo a tratar o traballo de recuperación fotográfica en forma de curtametraxe desenvolvida por Mar Caldas, o que permitirá pechar o círculo coa recuperación dunha memoria en imaxes ausentes reprimida polo Franquismo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.02.2024.