Auditorio

Un ano máis, estudantado de grao e mestrado e PDI da facultade de Filoloxía presentarán os seus traballos e debaterán sobre as ideas formuladas nestes no marco das xornadas Converxencias 2024: Filoloxía, onte, hoxe e mañá: lingua, literatura, cultura. Formulacións teóricas, analíticas e/ou aplicadas que darán comezo no auditorio do centro este mércores 3 ás 9.00 horas.
A primeira das mesas, sobre lingua e lingüística, moderaraa Paulo A. Gatica Cote e nela presentaranse os traballos Complexidade sintáctica en discurso escrito e oral, de M.ª Paula Santalla del Río, Eva M.ª Domínguez Noya, Alicia Delgado Olmos; Interrelación entre valor semántico y focalidad de las Predicaciones Secundarias en Tito Livio, de Adrián Boullosa Fraga; e E ti creste bo raper por rima joder con poder? Análise do beef en Galicia a través de Boyanka Kostova e SonDaRúa, de Marcos Amado Rodríguez .
A continuación desenvolverase a segunda das mesas, sobre literatura e cultura, na que se presentarán os estudos Transferencia cultural, mediación e tradución: mulleres escritoras e tradutoras en períodos de entreguerras, de Rosa Marta Gómez Pato; A autoría feminina galega na abordaxe da memoria do 36. Dous estudos de caso, de Elisa Nieves Barreiro; e Sobre a reescritura fílmica na posmodernidade: a propósito de Los Miserables (2019), de Ladj Ly, de Mario Castaño Otero.
A xornada reanudarase o mércores 4 con outra mesa sobre literatura e cultura na que se coñecerán os traballos A literatura popular/tradicional/oral: uma matéria reprovada. O caso galego, de José Luís Forneiro; Teresa de Jesús e a lingua coitelo no poema actual, de Cristina Tamames Gala; e Reinventing Noah: from the York Mystery Cycle to Darren Aronofsky's Film Noah (2014), de Cristina Mourón.
A presenza das linguas románicas minorizadas da península Ibérica nas aplicacións de aprendizaxe de idiomas, de Nuria García García, e A cegueira de datos coma problema filolóxico, de Paulo A. Gatica Cote e Carolina Heraz Sánchez, serán os últimos traballos que se presentarán no segundo panel de lingua e lingüística co que rematarán as xornadas.