O encontro na USC estará centrado no debate arredor dos últimos cambios lexislativos como fío condutor, a través de tres temáticas: a profesionalización da xestión universitaria, a xestión da investigación e os retos orzamentarios

A comisión sectorial de Xerencias da CRUE celebrará o seu encontro anual na USC os vindeiros días 8, 9 e 10. Dende as súas primeira edicións, estas xornadas son un foro de encontro e reflexión que permitiu ás universidades españolas poñer en común os retos de xestión aos que se tiveron que enfrontar, buscando solucións a través das súas propias experiencias. O encontro na USC estará centrado no debate arredor dos últimos cambios lexislativos como fío condutor, a través de tres temáticas: a profesionalización da xestión universitaria, a xestión da investigación e os retos orzamentarios.
A inauguración das xornadas celebrarase o mércores nun acto ás 17.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía que presidirá o reitor Antonio López e no que tamén participarán o presidente de CRUE-Xerencias, o reitor da UdC Julio Abalde; a secretaria executiva da comisión sectorial, Matilde Yebra; e o xerente da USC, Xavier Ferreira. Deseguido, o profesor Antón Losada pronunciará a conferencia inaugural 'A Universidade pública baixo asedio: manual de resistencia'.
O xoves 8 desenvolveranse diversos talleres temáticos arredor dos tres eixos temáticos que conforman o programa científico, mentres que o venres 10 pecharase o encontro co desenvolvemento do Pleno de CRUE-Xerencias e a conferencia de clausura a cargo do conselleiro de Facenda e Administración Pública.