Santiago de Compostela é unha das tres sedes deste encontro para a divulgación dos aspectos laborais e os dereitos no sector da ciencia e a investigación

O principal obxectivo das xornadas J-CLI é formar un foro social crítico para dar a coñecer os aspectos laborais e os dereitos do sector de ciencia e investigación, así como favorecer a concienciación colectiva e ofrecer unha canle de difusión e interacción dos distintos colectivos, asociacións e plataformas que representan ao persoal de investigación. As xornadas J-CLI son totalmente transversais e abertas, dirixidas a profesionais que compoñen o tecido traballador na investigación.
O encontro desenvólvese no mes outubro de 2022 en tres sedes distintas: Santiago de Compostela, Valencia e Madrid. Ofrece un formato híbrido, coa posibilidade de asistir presencialmente ás actividades de cada sede, así como seguir as sesións telemáticamente vía streaming. A asistencia ás xornadas esixe rexistrarse mediante inscrición a cada unha das actividades de cada sede.
As conferencias e as actividades na sede de Santiago de Compostela terán lugar os días xoves 13 e venres 14 de outubro no Centro de Estudos Avanzados da EDIUS (USC). Están organizadas conxuntamente entre as asociacións InvestiGal e Asemblea de Investigadoras de Compostela, co apoio da vicerreitoría de Estudantes e Cultura e da Escola de Doutoramento Internacional da USC, e coa colaboración de Riquela.
